227 Photos - Sep 22, 2012
Photo: Pontevedra/A Moureira: As bases para o desenvolvemento de Pontevedra, e especial para a Moureira, xa que nun principio foi a pesca o sustento vital da cidade, foi o 1º arzobispo de Compostela D. Diego Xelmírez, o cal, farto  das incursións dos piratas normandos e sarracenos nas costas galegas decide contratar ós mellores carpinteiros da ribeira daquel momento, en Pisa e Xénova, ordenando establecer o primeiro asteleiro en Padrón pa construir barcos de guerra. Logo faríase, despois do éxito dos barcos anteriores, en Noia, Pontevedra e Baiona. Estas construcións deribaron posteriormente en barcos de pesca e de transporte de mercancias, así como de barricas para o transporte de viño e sardiña.Photo: Outra boa nova para o desenvolvemento foi de seguido outros novos privilexios porque en novembro de 1248 Pontevedra envía 20 naves para a toma de Sevilla, baixo o mando de Paio Gómez Charino, incorporándose á tropa cristiana mandada por o almirante Ramón Bonifaz.
Dous destes privilexios datan de 1229, e corresponden a Alfonso IX  e Fernando III o Santo, confirmados logo  por Alfonso XI- 1316, e afectaban directamente a actividade marítimo pesqueira . Estes foron, primeiro o da exención do imposto da galea, e o segundo, o privilexio de poder salgar e resalgar a sardiña.
O mesmo rei Alfonso XI concede a Pontevedra a fabricación exclusiva de graxa de saín (1238).Photo: Outros dous privilexios de grande  trascendencia económica foron, o primeiro de Juan II (1452), que concede a Pontevedra o título de Porto de carga e descarga para toda Galicia; e o segundo de Enrique IV (1467) concedéndolle a feira franca de San Bartolomeu, nesta, durante 30 días (15 días antes e 15 despois da festividade de San Bartolomeu), podían vender as mercadurías sen pagar ningún tipo de imposto (alcabalas). Este era un imposto que gravaba a compra-ventaPhoto: Photo: Photo: Plano  I A Moureira de Arriba en 1890Photo: Plano II da Moureira de Abaixo  en 1890Photo: Torre da Ponte, destruída polos ingleses a primeiros do século XVII (1709). Foi demolida finalmente en 1805, ó ensancharse a ponte. Na cara oeste había un segundo torreón que durante varios séculos fixo de cárcere da vila.Photo: Descarga de madeira para a Fábrica de Fonseca. Dous Galeóns de dous mastros traen madeira nobre do extranxeiro e logo son tratadas na fábrica  para logo distribuila a toda a península.Photo: Despois da contrución de barcos de guerra para a defensa das costas iniciose a construción de barcos para a pesca e para o transoporte. Aquí temos as barcas xeiteiras, onde a metade o barco esta destinado para o peixe que se collía. Neste tipo de barcos podían traballar varios homes para xuntos subir as redes.Photo: Photo: Moureira de Abaixo. Enriba a Praza de Touros.
Despois da primeira gran reforma en 1910Photo: Barcazas nas Corbaceiras.Photo: Un lavadoiro do río Ghafos nas CorbaceirasPhoto: Embarcando o palangre nas CorbaceirasPhoto: Rúa San Roque da Abaixo
Parte traseira da Ribeira dos Peiraos, final do río Gafos. Unha destas casas, a 2ª pola esquerda sería a de Benito SotoPhoto: Parte da  Moureira de Arriba. Con 3 Peiraos. 
Moureira: Esta palabra aparece nos documentos no século XIV, créese que deribada de "salmoira", utlizada na salazón do peixe. Porén, do asentamento de casas temos novas xa dende o século XII. Os privilexios reais  e señorais que tanto contribuiron ó despegue económico inícianse con Fernando II en 1169, onde concede un "foro" a "omnes habitatores de Ponte Veteri tam presentes quam futuros". O monarca dona a vila en 1180 á mitra compostelana.Photo: Photo: Foto co negativo ó revésPhoto: Almacén de sal e Carbón, na Moureira de Arriba
Alfolí.
O sal foi un produto vital para a conservación do peixe e tamén da carne, e para a transformación do coiro. As salinas locais eran pouco produtivas e deixaron de explotarse a finais do século XII. En Pontevedra está documentada a importación de sal dende o século XII dende Portugal e FranciaPhoto: Almacéns de Carrascal.  Almacéns de Sal e Carbón. Carrascal era consignatario, tamén descargaba tellas e outros produtos.
En 1229 Alfonso IX ordena ó Concello de Pontevedra que, debido a escasez de sal, seque as pixotas (pescada) e non as sales. Este mesmo rei concedía ós portos arzobispais de Noia e Pontevedra a exclusiva do saín, anque ordenando que se producise coas cabezas e as vísceras. En 1338 Alfonso XI regula os alfolís.Photo: As mulleres tiveron tamén un papel moi importante nos arrabal da Moureira. Son as que confecionan as redes, repáranas, coidan o peixe a través de múltiples facetas da transformación, e todo isto sen deixar de exercer a profesión no fogar. Así naceron un ha serie de oficios tales como: redeiras, atadeiras, encascadoras, carrexonas, salgadoiras, escochadoras, salcochadoras, regateiras , etc.
Lañando sardiña.Photo: O Panderetas co SeldroPhoto: Salgadoira. Traballando na fábrica de Carrascal. Paleaban para encher os "muñicos", cestos pequenos con dúas asas, máis ancho na parte superior. Estes levábanse na cabeza. 
30 mulleres descargaban un barco (galeón).
Daquela gañábase 2,50 ptas ó día.Photo: Escaleiras de Carrascal.
Aquí as mulleres facendo de carrexadoras e posiblemente de regateiras.
Semellan que están carrexando berberechos.Photo: Mulleres carrexadoras.Co muído na cabeza eran auténticas equilibristas.Photo: Carrexando augaPhoto: Debaixo da Ponte da Barca, carrexando ladrillo para os barcos dende a fábrica onde hoxe está o grande centro comercial A BarcaPhoto: Photo: Ribeira dos PeiraosPhoto: rúa Irmáns NodalesPhoto: Moureira de AbaixoPhoto: Ribeira dos peiraos na época moderna, con novas obras.
No dique novo fíxose tamén a casa que hoxe é do Gremio dos Mareantes.Photo: Ribeira dos Peiraos ou Estuario do Río Gafos.
A segunda casa, detrás da que ten as árbores é a casa de Benito Soto.
A esquerda casa da Gaga (ghagha- utilizábase a gheada).
ó Fondo a Puntada, onde ían a bañarse os de Pontevedra.
O fondo a dereita un dos poucos muíños de vento.
Estuar: subir ou baixar a mareaPhoto: Moureira de Abaixo coa marea chea.Photo: Procesión polo Campo da TorrePhoto: Campo da Torre. As redes podían chegar a ter 10 KM cando se unían para peca ó Cerco. Antigamente chamóuselle Campo da Verdade. Nesta praza iniciose o fútbol en Pontevedra, antes de pasar á Xunqueira. E tamén, moito antes era onde se facía xustiza pública.Photo: Moureira de Abaixo con varias xeiteiras, barcas dos pescadores para coller sobre todo a sardiña.Photo: Estaleiros da Moureira de Abaixo. A Casa dos Baños a esquerda. Esta entrada era un pequeno golfo na liña da ribeira. Separaría o que algúns historiadores chaman a ribeira da Moureira das Corbaceiras da Moureira da Barca.Photo: Ribeira dos Peiraos. Onde remata o río Ghafos. Cada casa tiña o seu peirao.Photo: Peirao central do século XVI. Moureira de Arriba. Detrás das casas atoparíamos o campo do boi.Photo: A nova Ponte do Río Gafos xa no estuario.
Ó fondo o edificio da Fábrica de PazóPhoto: Fábrica de Pazó, Praza de touros. Vese tamén o Hospital de San Lázaro (Dos Gafos). A chiminea que se ve é a da Fábrica de Madeira de Fonseca.Photo: Ribeira dos peiraos coa ponte-carril para facer obras (Nova Ponte)Photo: Antigo Hospital de San Lázaro (dos Gafos)Photo: Antigo Hospital de San Lázaro cunha barca xeiteiraPhoto: Peirao da Barca e a costa da Moureira de Abaixo. 
A esquerda a fábrica de madeira de Fonseca. Ocupaba máis de 4.000 metros cadrados.
A ribeira da dereita é A Puntada.Photo: Alameda, Raíña Vitoria, As Palmeiras, A Moureira de Abaixo (Ribeira dos Peiraos). A Xunqueira ó fondo. Cuartel de San Fernando (no medio á esquerda), hoxe Facultade de Belas Artes. Pódese ver tamén o paso a nivel con barreiras para cando pasa o tren.Photo: Ribeira dos Peiraos, coa casa das Columnas (Hospital de San Lázaro). Nas barcas xeiteiras a metade do barco era para meter o peixe. Outras barcas que se ven son gamelas de proa.Photo: Estación do tren en Campolongo, vista dende o Paxo de Paco Leis.Photo: Vista da Moureira de Abaixo (Ribeira de Abaxio) dende Raíña VitoriaPhoto: Lañando Sardiña. 
En castelán "recochando sardina".Photo: Os barcos engalandos o día de San Bieito, subindo ata Monteporreiro, onde se celebraba a Romaría, debaixo do Mosteiro de Lérez, por onde pasa o tren por riba do río.Photo: Ribeira dos PeiraosPhoto: Peirao das Corbaceiras
Esqueiras de Carrascal?Photo: Peirao da Barca e o fondo das Corbaceiras. Aquí xa estamos maís ala de 1910, cando se ampliaron os diques. A esquerda a fábrica de madeiras de Fonseca, con máis de 4.000 metros cadrados de extensión, xuntando os almacéns e os espazos para o secado da madeira.Photo: Foto con negativo ó revés. A Moureira aparece aquí a dereita vendo dende o río deica o mar.  Podes ver a foto  nº 133 deste álbum para situarte mellor e ver a Moureira no lado esquerdo.Photo: Photo: Praza de TourosPhoto: Barcas xeiteiras, as grandes, e gamelas as pequenas.Photo: Moureira da Barca. Ó fondo a Puntada.
 A marea está chea pois só se ven os puntillóns e non as "escolleras"Photo: As Corbaceiras. Antes de abrirse a rúa San Roque. Pódense ver  as columnas do Hospital de San Lázaro.Photo: Peirao na Moureira de Arriba
Ó fondo a igrexa de Santa MaríaPhoto: Moureira de Arriba. Casa con horta cerrada con muros. 
Nesta zona había moitas hortas nas casas.O que é hoxe Avenida Buenos Aires non existe. Pranticamente era imposible seguir un camiño pola beira da costa.Photo: Os tres peiraos na Moureira de Arriba. Onde está hoxe o clube Naval de Pontevedra. Por estes peiraos aínda había un pequeno carreiro que os unía.Photo: Casa do Tesouro, onde se cre que apareceu o tesouro de Benito Soto.Photo: A dereita as casas con hortas pechadas, protexéndose das preamares.Photo: Barcas XeiteirasPhoto: Apuntada, na outra beira do río, xa en Poio,  onde se ían bañar os de Pontevedra. Varias familias vivían nesta zona, os Lapexo, os Ouvella, os Ferrer de (Sabino).
Unha gamela indo dun lado a outro da ŕia, podería ser un bañista pasado por Plá.Photo: Moureira de Abaixo -As Corbaceiras
Barco a vapor paseando pola ría.Photo: Construíndo a Ponte da BarcaPhoto: Escochando ou lañando.
Curiosamente todos cubren a cabeza ben cun pano as mulleres ou pucho ou biseira os homes.Photo: Regata na Moureira de AbaixoPhoto: Ponte da Barca e Ponte do FerrocarrilPhoto: Photo: Photo: Ponte do Ferrocarril e Contrución da Ponte da Barca.
Fíxose primeiro a Ponte do Tren que a Ponte da Barca Actual.Photo: Peirao do Ximnasio. Arriba facíanse bailes os fins de semana.Photo: Construción da Ponte da Barca. 1867. Comezou con 20 operarios gañando xornais non superiores a 4 reais. Traballaban dende as 6:00 h da mañá ata ó anoitecer. As xuntanzas fixéronse o antigo teatro da Praza do Teucro, no concello de Pontevedra  e unha no ex-convento de Santo Domingo. O arquitecto Ricardo Aróstegui. Cobŕabase por cada pasaxe 5 céntimos. A explotación do negocio fíxose a partir de 1871, primeiro a D. José Mª Areces por 30.000 reais, e log a D. Antonio Mora por 25.000 . O gremio de Mareantes percibía 6.000 reais anuais. O primeiro día o paso foi gratuito.
Entre os gastos da ponte temos: 38 tablóns de carballo, 1000 reais. O arquitecto. 3.500 reais. O notario 192 reais. De contribución 250 reais trimestramente. E o día da inaguración gastáronse 850 reais. 
A 1ª ponte, de madeira, tiña un tramo elevadizo, que por medio dun "cabestrante" permitía o paso a grandes barcos que tiñan que pasar ós peiraos da Galera e do Burgo.
A nova de ferro foi en 1894-5 m. Durou esta 50 anos para logo ser de cemento.Photo: Porta de Santa María. Casa-torre da familia Montenegro.
Entrada para ós da rúa S. Guillerme que daba directamente ó mar a un dos tres peiraos. Tamén era entrada para os do Campo do Boi e arredores.Photo: Tobeiras para almacenar area en 1966Photo: Un sistema para encher o camión de area dende a mesma barcaza. Dous homes palean na barca e a cinta fai o resto.Photo: A esquerda  está o Vello Ximnasio, sede posterior da SD. Teucro, onde os fins de semana había habitualmente un baile. Hoxe este edificio desapareceu e agora só hai un solar, xunto coa casa máis vella deste Moureira de Arriba. A casa éra a antiga de Gómez Paio Charino.Photo: Photo: Peirao da Barca, galeóns descargando madeira para a Fábrica de FonsecaPhoto: Ponte de ferro sobre o río Ghafos nas Corbaceiras. Ó fondo a Praza de Touros.Photo: Moureira de Arriba vista dende a Ponte da Barca. Hoxe estaríamos vendo o clube Naval de Pontevedra cunha morea de barcos atracados.Photo: Ponte da Barca. Nesta foto o negativo está ó revés.Photo: Barcos traendo barro da Ila da Arousa ou levando ladrillosPhoto: Cargamento de Piñeiros pola ríaPhoto: Peirao da BarcaPhoto: Procesión na fachada da Basílica de Santa María en Pontevedra.Photo: Ponte da Barca e fábrica de  madeiras Fonseca no outo lado do río. A fábrica tiña tamén unha chiminea para o distintos procesos do tratado da madeira.Photo: Ponte da Barca de ferro (1894-5), ó fondo comezaba a fábrica de cerámica a funcionar coas dúas súas chimineas.
Durou 50 anos pois temíase da súa seguridade. Logo fíxose de cemento. Mentras se construía a ponte de ferro producíuse unha das primeiras  folgas de obreiros, fenómeno este descoñecido por estas terras. O contratista era Benito Corbal. Arranxou esta situación o Governador da cidade D. Augusto González Besada.Photo: Peirao das CorbaceirasPhoto: Galeón que carrexaba madeira para a Fábrica  de Fonseca. Outras barcas:  pirlo, xeuteiras e gamelas de proa.
ö fondo as chimineas da Fábrica de cerámica onde hoxe está o Centro Comercial A BarcaPhoto: Captura dun cachalote ou balea ?Photo: Praia da Puntada, en fronte Mollabao.Photo: Peirao da Barca. Barcos nos dous lados, no da esquerda con barro ou ladrillos, e o da dereita con madeira.
Tamén aquí no Peirao da Barca, en 1857, en pleno apoxeo da cidade, a un grupo de pontevedreses ocurríuselles a idea de facer un barco neste arrabal da Moureira para transportar directamente dende aquí a América viaxeiros e mercancías. A alma daquel proxecto foi un comerciante bilbaino, Mauro Vellón, establecido con texidos fronte o actual Casino. Decidiuse poñerlle ó barco o nome de "Los Nodales".
Vellón solicita nun pleno que se lle vendan 7 árbores do parque que hoxe denominados Xardíns de Vicente (Palmeiras). 
Traballaron máis de 50 carpinteiros de ribeira.
Foi bendecida en 1861.
Foi necesario un técnico de Ferrol porque quedou encallado no seu 1º intento de botadura.
A cabida era para 300 pasaxeiros.
A viaxe duraba 77 días sen ningunha escala.
Esta rúta fíxose só 6 veces.Photo: Ribeira dos Peiraos - CorbaceirasPhoto: Photo: Final do río  Gafos xa urbanizadoPhoto: Gafos na Ribeira dos PeiraosPhoto: Photo: Photo: Casa de Sarmiento de GamboaPhoto: Ribeira dos Peiraos xa modificado co novo dique. Ò final a actual casa do Gremio de Mareantes.Photo: Photo: Lavando a  roupaPhoto: Ultima ponte do río Gafos, aquí xa se desviou o ríoPhoto: Ribeira dos Peiraos. Hospital de San Lázaro (dos Gafos)Photo: Ribeira dos Peiraos. A Casa das Columnas (sanatorio dos Gafos)Photo: Ribeira dos Peiraos. A "Casa das Columnas" foi sanatorio dos "Gafos".Photo: A TaboadaPhoto: Pasais no río GafosPhoto: A TaboadaPhoto: Estuario do Río Gafos sen modificación do remate do río. Casa da "Ghagha" e peiraos da Moureira de AbaixoPhoto: Entre Ríos, por onde comeza o paseo urbano do Rio Gafos, indo do mar ó nacemento.Photo: Photo: Moitas tarefas facián as mulleres. Aquí témolas de lavandeiras, pero tamén eran: "atadeiras" das redes, "encascadoras", tinxindo os aparellos de pesca de fío e as velas das embarcacións, "salgadoiras", as que botaban o sal, "escochadoras", abrindo o peixe ó longo para sacarlle as tripas (lañar), "salcochadoras", salcochar: cocer con auga e sal, "regateiras", vendedoras... Todo isto máis coidar ós fillos e manter a casa.Photo: Muíño do peilánPhoto: Peirao no remate do río Ghafos, parte xa moderna, ó fondo a Praza de Touros, Fábrica Pazó, Casas onde están Digna, Racha, ...Photo: Tubería de Ence no Río GafosPhoto: O rio Gafos nunha enchente nas CorbaceirasPhoto: Os pasais do río GafosPhoto: Photo: Photo: Ribeira dos peiraos. Onde remata o río GafosPhoto: Praza de Touros, capela de San Roque, camiño que hoxe sería Raíña Vitoria. Aquí non se ve a vía do tren.
Debaixo o que hose é a rúa San Roque de Abaixo. Un dos poucos muíños de vento que había en Pontevedra.
A primeira casa tivo por máis de 100 anos viña no eirado.Photo: Casa da Gaga (Ghaha) ó fondo, e casa con horta con viña. Esta estivo máis de cen anos na casa. Ó lado segue a casa de Benito Soto.
Foto sacada nun día con nevada.Photo: Muíño do Peilán e lavadoiro aínda sen cubrir.Photo: Lavadoiro do PeilánPhoto: Muíño da Ponte NovaPhoto: Photo: A TaboadaPhoto: Photo: Photo: Ponte BoleraPhoto: Muìño do Peilán. Detrás está o lavadoiro.Photo: Os camiños de antes.Photo: Photo: O Pazo  de Paco Leis coa Capela e o cabanaPhoto: Pazo de Campolongo, dos Marqueses de Leis

1943Photo: Capela do Pazo de CampolongoPhoto: Capela e cruceiro do Pazo de CampolongoPhoto: Fachada sur do Pazo de CampolongoPhoto: Pistas do Pazo de CampolongoPhoto: Pazo de CampolongoPhoto: Pazo de CampolongoPhoto: Fachada principal do Pazo de CampolongoPhoto: Nova da prensa do traslado do PazoPhoto: Photo: Equipo para xogar nas pistas do Pazo en Campolongo.Photo: Photo: A foto máis antiga que se coñece da Ponte do Burgo, de 1898, sacada por ZagalaPhoto: Alameda de Pontevedra coa orixinal fonte. Aínda non está o monumento ós Heroes de Pontesampaio. Na alameda aínda se ve a rexa que a rodeaba.
Nesta época as árbores separaban a "categoría dos paseantes", os sirvientes non podían pasear polo mesmo lado que os pudientes ou ricos. Pontevedra chegou a ser, xunto, con Sevilla unha das cidades máis clasistas de España.Photo: Pontevedra en 1961. As cousas máis destacables son a vía do tren polo Paseo de Colón, a zona de en fronte de Santa María, onde aínda non existía Pardo Bazán e arredores. Tampouco está feito o Ambulatorio, nin Maxisterio.
A Ponte da Barca aínda ten tamén os tres arcos.Photo: Foto sacada dende onde está agora a gasolinera. Vemos a Ponte do Burgo coa Praza de Abastos ó fondo.Photo: Peirao da Moureira e barcaza dos marilleiros
Ó fondo A PuntadaPhoto: Un puntillónPhoto: Pontevedra en 1962
Cuartel de San Fernando (Hoxe Bellas Artes)
Governo Civil
Fábrica de Ladrillos
Ponte de ferro do ferrocarril
A ría máis amplaPhoto: O muro do Pazo, ó fondo ó antigo cárcere de Pontevedra, logo pasou a ser o Xulgado. O camiño sería a actual rúa do Xeneral RubínPhoto: Xeneral Rubín . O único que queda da casa do xeneral é a palmeira.Photo: Trenvía pola rúa Andrés MuruaisPhoto: Plano 1 Moureira de no século XVIPhoto: Casa de Sarmiento de GamboaPhoto: Plano I da Moureira de Arriba en 1990, entre  dúas pontes, a do Burgo e a da BarcaPhoto: Plano II A Moureira 1910
En amarelo están os edificios que se conservanPhoto: Plano intuitivo do século XVI da Moureira de Abaixo, As Corbaceiras e a Ribeira dos PeiraosPhoto: Seldro da confradía do gremio de Mareantes
Hércules TeucroPhoto: Casa dos Baños. Primeiramente foi da familia Fonseca e funcionou ata que chegou a Guerra Civil onde o exército se fixo cos terreos e montou un cuartel militar "A Compañía Mixta".
Para facer a Casa dos Baños houbo que facer un recheo de terras, pois o golfo que se iniciaba nos estaleiros de barcos continuaba a súa liña rochosa ata os peiraos do Ponte da Barca. A rúa actual de Victor Saíd Armesto non existía, era río. As primeiras casas estaban a un desnivel da ribeira de 7 metrosPhoto: José o Carroza. Daquela había dous carros con cabalo na cidade.Photo: Perfecto Feijoo. 1914.Photo: A Casa do TesouroPhoto: Entallada: método de pesca que consistía en poñer a rede en toda unha zona onde se producía a seca pola baixada da marea, para logo cando enchera a marea reter os peixes na rede ó voltar a baixar a marea.Photo: Photo: Fonte da MoureiraPhoto: Vista xeral, onde podemos ver a Alameda, as Palmeras, Diputación, Escola de Maxisterio (Delegación), Estación Vella, onde está agora o CEIP e as Piscinas Campolongo. As árbores marcan o curso do río Ghafos.Photo: Casas dos militares, pazo de Campolongo dos Marqueses de Leis, ou de Paco Leis. No pazo vese a extensión que tiña onde se fixeron un campo de futbol, unhas pistas de atletismo con catro rúas ...Photo: Ó fondo a estación, as árbores van marcando o curso do río Ghafos (Gafos)Photo: No centro o colexio de Campolongo, o río Ghafos xa está aquí canalizado. Ó fondo a ría de Pontevedra coa Puntada doutro lado da ría.Photo: Photo: Estación Vella do Ferrocarril. Aquí aínda non está o colexio de Campolongo.Photo: Photo: Photo: Raíña Vitoria e Estación do Tren en Campolongo.
O Vergel (hoxe está o Instituto Sánchez Cantón)
E na estación atópase o CEIP CampolongoPhoto: Praza de Paco Leis e o cuartel de Campolongo detrásPhoto: Piscinas Campolongo e as Pistas enriba. Estas pistas eran propiedade do colexio. Hoxen utilízanse no horario de recreo pola mañán.Photo: Photo: 1970, polígono de Campolongo, comézase a canalizar esta parte do río Gafos, aquí chamado río da Estación ou de Campolongo.Photo: Photo: Photo: Campolongo anos 70 sen as torres dos edificiósPhoto: Campolongo anos 70  coas torres dos edificiósPhoto: Construíndo as Piscinas. Ano 1995 ?Photo: Kiosko na entrada do colexio. Detrás vese a Palmeira do Xeneral Rubín.Photo: Campolongo 1995-6Photo: Photo: Xardíns de Vincenti (popularmente As Palmeiras).
Abaixo a desembocadura do río Ghafos nas Corbaceiras.
O Edificio foi primeiro Escola de Maxisterio e logo Delegación de Educación.
O esturario do río cambio moito con respecto a hoxePhoto: Photo: Contruíndo un novo dique nas Corbaceiras, no estuario do río GafosPhoto: Recollendo as redes do Xeito nos arredores da Praza de Touros.Photo: O Ferrocarril pasando pola Avenida Raíña VitoriaPhoto: A liña do Ferrocarril pasando preto da Praza de Touros e logo polo que hoxe é Paseo de Colón e logo Raiña VitoriaPhoto: Ponte da Barca no lado de Pontevedra con 3 arcos, hoxe só ten 1. Detras aínda se ve a Ponte de Ferro do FerrocarrilPhoto: Photo: Ponte da Barca, de ferro coma a Torre Eiffel.Photo: Gamela de baixo da Ponte da BarcaPhoto: Foto sacada dende a Moureira, dende as esqueiras de Carrascal. Ó fondo A Puntada.
Con estas gamelas pasaba o Sr. Pla e sr. Román a xente ó outro lado da ría para ir a praia da Puntada.Photo: Rúa do Xeneral Rubín. A casa da dereita era a casa do xeneral. Hoxe aínda se existe a Palmeira.
Arriba a esquerda estaba o Pazo de Paco LeisPhoto: Campolongo 1970.
Comézase a canalizar este tramo do río Gafos. Aquí o río chamábaselle Río da Estación ou de Campolongo.Photo: Parque de Campolongo. A esquerda o Paseo de Valle Inclán (por riba do río Gafos).
A fonte aínda está no parque.Photo: Campolongo, colexio. Os seat 600 e os sinca 1000 eran dos coches que máis abundaban.Photo: O barrio de Campolongo en 1968.
Ó fondo vese o edificio da antiga AudienciaPhoto: Pistas do colexio, hoxe Piscinas de CampolongoPhoto: Photo: Atadeiras e redeiras, entre outros oficios: escochadeiras, salgadeiras, vendedoras, regateadoras ....Photo: Nesta zona da xunqueira tamén se podía facer as entalladas para coller peixe.Photo: Importancia dos peiraos de Pontevedra. Exportación tamén do viño de Rivadavía.Photo: Este nave (alfolí) aínda se conserva hoxe en día (2012)Photo: Benito Soto, retratado uns días antes de ser aforcado.Photo: Entallada ou camboa xa armada. Faise cando baixa a marea entre dous extremos onde se produce a seca da baixamar. Logo ó subir a marea e armar a entallada o peixe xa non pode saír. A entallada máis grande na nosa ría facíase en Combarro.Photo: Manifestación de xeiteiros contra a traíña en Marín.Photo: Photo: Photo: Photo: