Voltará Parroquia Atlántica depois do verão?

Cancelamos de momento o Parroquia Atlántica por problemas de axenda dos seus "podregonistas". Foi un pracer. Volveremos?

Post has attachment
A +Parroquia Atlantica volve á carga! Hoxe, como todos os xoves, ás 10 da noite. Vémonos?

Hoxe con +Silvio Falcón, +Pablo Casal, +Xosé Manuel Fernández e máis eu.

http://parroquiaatlantica.blogspot.com 

Post has attachment
Aí vai o protoguión do Chispazo de hoxe. Algún comentario, algo que engadir?

O Chispazo - Parroquia Atlantica 5

- TELEFONOS

Neste 2013, no que parece que a explosión do smartphone está amainando un pouco, teremos unha interesante novidade: pronto chegarán os móbiles Ubuntu e os móbiles Firefox.

Trátase de dous sistemas operativos abertos, puro Linux, poderiamos dicir, que queren facerse os teus amigos grazas á sua filosofía aberta.

Como moitos saberedes, o sistema operativo Android, moi estendido hoxe en día, está construido a partir de Linux, pero cada vez está máis orientado a que todo o que fagas estea dentro de Google.

Os móbiles Ubuntu (xa mítica "marca" de Linux) e Firefox ofrecerannos, se todo vai como anuncian, máis liberdade.

Non vos quero liar con detalles, así que vos amoso rapidamente as webs do proxecto que podedes ver se queredes ter máis información:

Ubuntu for phones: http://www.ubuntu.com/devices/phone

e Mozilla Firefox OS: http://www.mozilla.org/en-US/firefoxos/  

- BANG YOUR FRIENDS

Pasamos, como dirían na radio, á información de servizo público. O amigo Pablo Casal pasoume esta semana a noticia da enésima rede social: "Bang your friends"

Como din na nova, atopada en El Confidencial.com

"A mecánica é moi simple: só hai que rexistrarse na web da aplicación (entrando na conta con Facebook), aceptar as condicións de uso e elixir os amigos de Facebook cos que un se queira deitar. Unha vez feito, a usuaria só ten que agardar a que as persoas que ela elixiu tamén a elixan.  Así, sen máis. Sen citas previas nin cervexas nun bar".

- NOTICIA DE REDE E POLÍTICA

Ademais da coñecida campaña de recollida de firmas dixitais para que Rajoy dimita, hai outra que me pareceu especilamente resultona, polo menos visualmente. Se visitades a páxina de Facebook do PP ou mirades as respostas a membros do PP no Twitter, veredes que a maioría de respostas só son unha cadea inmensa de iconos de sobres, un detrás doutro.

Dende O Chispazo queremos darlle un aplauso á friki ou friko que atopou a combinación de teclas necesaria para introducir os millóns de debuxiños de sobres nas redes e así tocarlle un pouco a moral aos presuntos corruptos, co Señor de los Hilitos á cabeza, que xa é dicir.

Desculpade, queridas ouvintes. Temos problemas graves coa tecnoloxía que nos debería permitir emitir en directo. Cancelamos o capítulo de hoxe e agardamos solucionalo cedo! Avisarémosvos.

"- Mil perdones, comendador!
- Que perdones ni que cojones: os la corto, y al montón"

Post has attachment
Escóitanos e míranos en directo dende YouTube de 10 a 10.30 pm hoxe aquí: http://parroquiaatlantica.blogspot.com/ 

Post has attachment
Xa podedes ver e escoitar o Capitulo 4 do Parroquia Atlántica. Quedounos media hora xustiña! E high level, por suposto: http://youtu.be/XWqb5kUIswY

Post has attachment

Confirmarmos para esta noite entrevista con +Xosé Manuel Fernández, aka "Hermanager". Como diría +Alberte Montes , que pasará?

Post has attachment
Habería que incluir no próximo capítulo do Parroquia Atlántica este vídeo? Que opinión vos merece? Nós, así de primeiras, non sabemos se pensar LOL, WTF, ou OMG

O sea que yo, por escuchar la radio gallega, ¿tengo que saber el gallego?
Wait while more posts are being loaded