Unha vez determinadas as variables que máis afectan a cada sistema, débense avaliar
os impactos que o cambio climático vai causar neles, facendo análise da
vulnerabilidade e sensibilidade dos sistemas.
Seguindo a metodoloxía suxerida polo Panel Intergobernamental sobre Cambio
Climático (IPCC) os estudos de avaliación do impacto que poida producir o cambio
climático e das estratexias de adaptación deben de seguir as seguintes etapas, podendo
repetirse algunha delas se se cre conveniente:
 Definición da natureza do problema, incluídos os obxectivos polos cales se
realiza a avaliación, unidade de estudo, posición xeográfica e temporal, datos
necesarios, etc.
 Selección dun modelo de estudo, podendo tratarse de métodos experimentais,
predictivos, estudos empíricos de analoxías, etc.
 Proba do método seleccionado, realizando estudos da súa viabilidade e
validación do modelo elixido.
Wait while more posts are being loaded