Profile cover photo
Profile photo
Festa do Deporte (festadodeporte)
1 follower -
festadodeporte
festadodeporte

1 follower
About
Posts

Post has attachment
Podes achegarte á ximnasia rítmica no pavillón de Santa Isabel o sábado pola tarde da man do Club Ximnasia Rítmica Viravolta Santiago de 16:30 a 18:30 e do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela de 18:30 a 20:30.
Os clubs recomendan levar roupa cómoda e pelo recollido para participar nas actividades... e moitas ganas de pasalo ben!!
#festadodeporte #sumateafesta Concellería de Deportes de Santiago de Compostela www.festadodeporte.gal
Festa do Deporte SCQ 2017
Festa do Deporte SCQ 2017
festadodeporte.gal
Add a comment...

Post has attachment
O Lumos Compostela Quidditch Team estará na #festadodeporte de 16:30 a 20:30 no campo de fútbol de Santa Isabel para amosarnos como é Quidditch!
#sumateafesta #dxtsan Concellería de Deportes de Santiago de Compostela www.festadodeporte.gal

Se queres ir coñecendo máis do xogo, podes ir ollando estas sinxelas regras:

- É un dos poucos deportes mixtos regulados. Sempre ten que haber un máximo de persoas do mesmo xénero no campo (regla do máximo 4).
- Os cazadores e o gardián son os encargados de marcar puntos coa quaffle (cada vez que un xogador marca o seu equipo obtén 10 puntos). Durante o partido só poden interactuar (co balón, establecendo contacto, etc ) cos
outros cazadores/gardian que estean no campo. A efectos prácticos o gardián é un cazador máis pero con determinados privilexios para facilitar a defensa dos aros dentro da zona do gardián.
- Os golpeadores son os encargados de eliminar a todos os xogadores do equipo contrario coas bludgers. Un golpe cunha das bludgers en calquera parte do corpo do xogador contrario o elimina do xogo durante un breve periodo de tempo (o que tarda e ir a tocar os seus aros). Son claves tanto en ataque como en defensa.
- Os buscadores saen no minuto 18 do partido e teñen como misión conseguir a pelota que colga da cintura dun árbitro neutral (snitch runner) para conseguir 30 puntos. O snitch runner é libre de facerlle o que queira aos buscadores mentres estes non o poden tocar, mentres se defenden do outro
buscador. Esto é a clave dun xogo de forza e resistencia enorme entre os buscadores e o snitch runner.
- A combinación do xogo dos cazadores co dos golpeadores tanto en ataque como en defensa, así como a organización da estratexia cando está a snitch en xogo é o que fai ao quidditch un deporte dinámico, entretido e diferente.
- Todos os xogadores teñen que estar todo o tempo cunha "escoba" (un pao de PVC cunhas medidas determinadas) entre as pernas. Como principal hándicap do quidditch, fai que teña un dinamismo e ritmo de xogo característico así como que exista a necesidade dun adestramento específico para mellorar a técnica de todos os movementos necesarios para o xogo (placaxes, pases, tiros, caídas, sprints, saltos e un longo etc). Ademais, non deixa de ser un pequeno punto de unión dun deporte que cada día está máis lonxe das novelas que o inspiraron.
Festa do Deporte SCQ 2017
Festa do Deporte SCQ 2017
festadodeporte.gal
Add a comment...

Post has attachment
Blanca Millán, presente e futuro do baloncesto compostelán, estará presente na #festadodeporte para mostrarnos o seu deporte e tamén vos convida a participar no evento!!! Podes atopar o baloncesto na alameda de 11 a 14h!
#sumateafesta #dxtsan Concellería de Deportes de Santiago de Compostela www.festadodeporte.gal
Add a comment...

Post has attachment
O grande triatleta Antón Ruanova tamén vos convida a participar na #festadodeporte! Cando tantas e tantos grandes deportistas da cidade recomendan un evento, por algo será! Valo perder?
#sumateafesta #dxtsan www.festadodeporte.gal
Add a comment...

Post has attachment
Moncho Mirás, de Manuel El Abuelo, convídanos a participar na #festadodeporte! Poderás atopalos no parque de Galeras pola mañá en horario de 11 a 12 e pola tarde de 18 a 19h. Achégate a coñecer o boxeo!
#sumateafesta #dxtsan www.festadodeporte.gal
Add a comment...

Post has attachment
O noso campión de squash Borja Golán convídavos tamén a gozar da #festadodeporte!! Imos coñecer todos os deportes que nos ofrece a cidade? O 17 de xuño é a cita. Podes atopar a axenda da xornada na páxina do evento www.festadodeporte.gal
#sumateafesta #dxtsan
Add a comment...

Post has attachment

Post has attachment
O Multiusos Fontes do Sar - C.D. Santa Isabel estará na #festadodeporte con duas actividades que realizará na Alameda. Pola mañá, de 11:00 a 13:00 unha sesión de zumba e pola tarde, de 17:00 a 19:00 unha sesión de capoeira.
Non esquezas achegarte con roupa axeitada e cómoda e moitísimas ganas de pasalo ben!!!
#sumateafesta #dxtsan www.festadodeporte.gal
Add a comment...

Post has attachment
Add a comment...
Wait while more posts are being loaded