Profile cover photo
Profile photo
Iñaki Quenerapú
494 followers -
Well I'm just an array();
Well I'm just an array();

494 followers
About
Iñaki's posts

Post has attachment

Post has shared content
Este sábado tiven o privilexio de participar na mesa redonda sobre movemento maker e educación que se desenvolveu dentro da Compostela miniMakerFaire.

Ao rematar a actividade, quedei coa sensación de que se me quedaran un par de cousas no tinteiro e, ademais, xurdíronme un par de preguntas que me apetece contestar.

De xeito esquemático e deslavazado, as escribo aquí. Encantado de comentalo con quen queira contestar :)

* Facer proxectos mediáticos non equivale a ser un bon profesor *
Eu tiven a sorte de que un par de cousas que traballamos na aula se fixeran coñecidas. Isto fai que, en ocasións, a xente me valore como bon profesional. Agradezo o cumplido, pero o traballo dun docente é axudar a que o seu alumnado aprenda, non conseguir titulares. Todos os días vexo o traballo de compañeiros e compañeiras dos que teño moito que aprender e que nunca sairán nos xornais.

Non quero formar máis futuros enxeñeiros/as
Quero que aqueles que o queren ser, teñan un lugar e tempo na escola que lles axude a desenvolver a súa paixón, igual que me gustaría que houbese un lugar e tempo para os que queren ser bailaríns, biólogas, carpinteiras ou deportistas. Unha escola do presente debera poder atender á diversidade de intereses dos rapaces e rapazas, non producir enxeñeiros e profesionais tecnolóxicos en masa.

Aínda que todos temos que ser un chisco fedelleiros…
Iso si, nunha sociedade altamente tecnoloxizada como a que xa vivimos, creo que é imprescindible para unha cidadá ou cidadán ter un mínimo coñecemento tecnolóxico que lle permita ter unha visión crítica da realidade que nos rodea.

O importante do movemento maker non é ser maker
O importante é que é un movemento onde se fomenta a creatividade, a cooperación, a interacción social, a satisfacción persoal, a solidariedade… estes son valores que deberían exportarse a outros eidos do coñecemento e que deberan estar presentes nas nosas escolas, sexa para facer un robot ou para desenvolver unha coreografía.

Como pode unha nai/pai influír na educación formal dos fillos?
Desde logo, reclamando na escola que a educación que se lles ofrece sexa de calidade. 
E entendendo que unha grande parte do profesorado tamén é, en certa medida, víctima dun sistema encorsetado e burocrático que non favorece a innovación e que, sen dúbida, é imprescindible cambiar para que se cree un novo entorno no que poidan agromar prácticas educativas máis abertas.

Opinións? :)

Post has attachment

Post has shared content
Bochorno y vergüenza ajena. Atentos al interés y preocupación que muestra presidente Rajoy mientras un gendarme les habla de un desastre aéreo en el que han muerto 150 personas.

Post has shared content
Şaşkın Topçu :))
Animated Photo

Post has attachment

Post has attachment
Wait while more posts are being loaded