Profile cover photo
Profile photo
Proxecto Derriba
6 followers -
comunidade dos sen comunidade
comunidade dos sen comunidade

6 followers
About
Proxecto Derriba's posts

Post has attachment
Photo

Post has attachment
A historia do pensamento filosófico na Galiza, debido á súa situación periférica, moveuse sempre na dialéctica entre a asunción acrítica do foráneo as grandes figuras do pensamento filosófico europeo que destacaban en cada época e a reivindicación, igualmente acrítica, de certas figuras autóctonas Esa tensión irresolúbel opera, aínda agora, condicionando a posibilidade dun pensamento filosófico galego. Que prácticas efectivas e estratexias posíbeis apuntan cara a unha subversión desa situación?

Post has attachment

Post has attachment
A política, o político, non é un territorio ben delimitado; senón un espazo agonístico no que as súas redefinicións discursivas son xa accións políticas, e a inversa. Na esixencia de atender aos nosos contextos concretos e repensar, dende unha teoría sempre situada, os lazos entre as palabras e as accións, propoñemos neste obradoiro un percorrido polos diversos efectos que as revoltas inda en proceso están a ter no xeito de facer e pensar a política nun momento de fin de ciclo e mutacións globais. Como pensar a relación entre corpos, accións e discursos na era das mallas sociais? Que implican os procesos de resignificación para termos como “democracia”ou mesmo “política? Que impulsa a xente a saír a rúa co obxectivo de tornarse en axentes dun cambio social? Como contestar a legalidade dende unha xustiza que deslexitima os poderes de feito? Que pode facer unha multitude que se quere constituínte para arranxar as diferenzas sen abolilas? Que implica para o campo enteiro das nosas posibilidades e desexos a irrupción do común como acontecemento? Esas liñas diversas, que non tentan esgotar o obxecto, propóñense como outras tantos percorridos polos que pensar entre todos o que está a acontecernos. Este obradoiro, que se pretende un camiño de ida e volta entre a tradición filosófica recente e a nosa artefactualidade, vai dirixido a calquera que queira participar nun proceso común de pensamento.

http://proxectoderriba.org/cartografias-das-resistencias-transformacions-da-praxe-politica-ou-as-revoltas-globais/

Post has attachment
Cartografías das Resistencias. Universidade de Verán 2013 na USC
Photo

Post has attachment
Derritaxes 11 · Escrita(s). http://proxectoderriba.org

Seguramente un dos camiños que a novidade ten para saír adiante é a partir da repetición –é algo sabido–, da decisiva influencia que se dá no presente tanto dende a insistencia do pasado coma dende o asedio continuo do porvir. Claro que esa insistencia do asedio fai irromper novas pegadas, novas pistas cara o perdido, un perdido que non se procura para achalo, mais que abre os pasos e a remitencia continua cara o que non somos, cara o encontro co outro.
Partindo desa repetición infinita na procura do outro, que leva de seu unha novidade, un(ha) arrisca e aposta porque os encontros imposíbeis poden darse… por iso o Derritaxes 11, desta volta, repite e resignifica o devir-outro que fai xunto ás Escrita(s), percorrido que se iniciou o pasado ano. Por que un segundo volume aquí e agora? Porque hai que insistir, porque non podemos fuxir daquilo que nos asedia, porque seguimos querendo aprender co outro, porque xa non somos nós mesmxs, porque nunca o fomos.
Photo

Post has attachment
Acto en defensa da filosofía no ensino.

Post has attachment

Post has attachment
As obras son resultado da colaboración continuada que manteñen os colectivos Estaleiro Editora e Proxecto Derriba, ao que pertencen os dous autores. Na monografía sobre Eagleton, Xosé Manuel López, que asina o libro co pseudónimo Karl Hauser, estabelece unha cartografía básica para nos achegarmos á produción dun dos pensadores marxistas máis influentes das últimas décadas, especialmente atento aos procesos simbólicos da vida social e cultural e á activación do discurso crítico cunha función transformadora.

Post has attachment
Pretende analizarse o papel dos medios de comunicación como factor de socialización na reprodución do poder. Isto é, como os enunciados que os aparatos de poder emiten ou ordean emitir moldean a cognición dos suxeitos, apelando ás forzas reactivas constituíntes. Así, o tándem saber – poder serve para a conformación ou perpetuación das sociedades fascistas.

Imparte: Rebeca Baceiredo (Proxecto Derriba)
Wait while more posts are being loaded