Profile cover photo
Profile photo
siro artista
23 followers -
Artista plástico, escritor y periodista gallego
Artista plástico, escritor y periodista gallego

23 followers
About
Posts

Post has attachment
Como o meu subconsciente vai un paso diante de min, no mesmo intre en que oín por primeira vez a palabra Tabarnia chegoume á mente unha imaxe dos irmáns Marx, sorrindo de orella a orella. Despois, cando souben que Tabarnia é o proxecto dunha nova comunidade autónoma, formada por dez comarcas costeiras de Barcelona e Tarragona que se opoñen ao independentismo catalán, recordei a película Sopa de ganso na que Groucho é presidente de Freedonia e o seu enfrontamento coa veciña Sylvania, país agresor e ditatorial. Tras breve reflexión foime doado relacionar Freedonia con Cataluña, Sylvania con España, Puigdemont con Groucho Marx, o embaixador Trentino de Sylvania con Rajoy e o candoroso e sufrido personaxe interpretado por Margaret Dumont coa Generalitat. Todo cadra, mesmo a creación e o protagonismo crecente de Tabarnia e do seu portavoz oficial Jaume Vives Harpo na película, porque, por incrible que pareza, Sopa de ganso é unha alegoría do procés.
Add a comment...

Post has attachment

Post has attachment
É o título en español da gran novela The Grapes of Wrath, de John Steinbeck, que lin de rapaz e vin na pantalla, convertida en excelente película. Gardo un recordo impreciso do argumento e das imaxes e, porén, a noite de fin de ano, durante a cea familiar, despois de saber que o asasino de Diana Quer fora detido e identificado, esas cinco palabras batéronme teimosamente no cerebro como as badaladas dun reloxo avariado. Pensar que un imbécil dexenerado e brután lle roubou a vida a unha criatura como Diana cando apenas empezaba a vivila, provocoume un sentimento de ira que me custou disimular porque medraba ao matinar en que por ese crime monstruoso, despois da redución de penas por traballo, estudo, bo comportamento… pagará un prezo de saldo.
Add a comment...

Post has attachment
O 25 de Nadal cumpríronse 40 anos do pasamento de Charles Chaplin, o xenial humorista que levou ao cine a lección maxistral impartida por Cervantes no Quixote. Que Charlot é unha recreación de Don Quixote vírono distintos estudosos da literatura e do cine, que analizaron canto hai en común nos dous personaxes, desde a indumentaria ridícula á interpretación idealista da realidade, coa conseguinte predisposición a «desfacer agravios». E, sobre todo, o feito de que as súas aventuras nos fan sorrir e emocionarnos a un tempo.
Add a comment...

Post has attachment
Mentres a muller sexa considerada inferior ao home, a sociedade será machista e a violencia machista unha lacra imposible de erradicar. A resolución do problema pasa por recoñecer a mesma valía intelectual de homes e mulleres –e visto o que está a pasar nas últimas décadas, a equiparación será moi xenerosa cos varóns- e facer que os seus dereitos e obrigas sexan os mesmos en todos os ámbitos, desde a Xustiza ao mundo laboral.
Add a comment...

Post has attachment
No Simposio Carlos Casares que a Academia Galega organizou esta semana na súa sede falouse moito da fantasía creadora do autor homenaxeado. Naturalmente, o gran fabulador é o das novelas e relatos, pero a inventiva de Casares sorprendía tanto ou máis cando trataba das cousas de cada día, con base real ou non.
Add a comment...

Post has attachment
Hai quince anos chegaba ás costas galegas o petroleiro Prestige, avariado e perdendo fuel, baixo o mando do capitán grego Apostolos Mangouras, un mariño experimentado e sabedor de que o barco máis estaba para o desguace que para novas singladuras, pero disposto a capitanealo unha vez máis, a última, porque –declarou- quería xubilarse e necesitaba os cartos. O resultado, xa se sabe: o mal estado do barco e da mar e as decisións desafortunadas de políticos e técnicos provocaron o maior desastre ecolóxico nas costas galegas.

É curioso o paralelismo entre os desastres do Prestige, capitaneado por Mangouras e o da República Independente de Catalunya, capitaneado por Puigdemont. Como Mangouras, Puigdemont sabía que o seu navío –o da República Independente de Catalunya, aínda sen botar-, non estaba para navegar.
Add a comment...

Post has attachment
As mellores creacións humorísticas des que o Goberno aplicou en Catalunya o artigo 155, vinas en TV, no programa El Intermedio, cando o enxeñoso e habelencioso Iván Lagarto converteu unha breve alocución de Puigdemont en Bruxelas, na canción “It´s not a crime”, ao xeito dos Monty Pithon; e en Late Motiv, cando o graciosísimo e enxeñosísimo Bop Pop sorprendeu á audiencia con parágrafos aplicábeis ao Procés, que collera na páxina 155 en libros de Raimundo Lulio, Montaigne, Fuster Wallace, Montalbán, Todorov, Orwell e Aznar.
Add a comment...

Post has attachment
O meu amigo Félix Caballero, que “está ao loro” de canto se fai sobre o humor en Galicia e en toda España nos distintos medios de comunicación, envioume este vídeo no que a xornalista Isabel de Haro, a quen non teño o gusto de coñecer, me cita como humorista gráfico destacado durante a conversa que mantén con Peridis e Arcadio, un debuxante de Costa Rica con quen coincidín, hai un ano, en San Millán de la Cogolla, nun seminario sobre o humor nos medios de comunicación. Non é a primeira vez que se recoñece o labor que os profesionais do humor facemos na periferia. Hai moito, pode que trinta anos, o xornalista Gabriel Plaza nos dedicou un precioso artigo a Xaquín Marín e a min; recentemente Tebeoesfera dedicou un especial a Xaquín Marín e o Instituto Quevedos do humor montou en Alacalá de Henares unha colectiva de debuxantes humoristas galegos. Aínda así, non deixa de sorprenderme, gratísimamente, claro está, que unha persoa a quen non coñezo eloxie o meu traballo. Agradecereillo e comparto con vós o vídeo, que oír falar de humor é moi san.
Add a comment...

Post has attachment
¡Canta razón tivo Vázquez Montalván ao titular “Contra Franco estábamos mejor” un artigo do ano 1985! En canto puidemos defender as propias ideoloxías agromaron os sectarismos e comprobamos que non eramos tan demócratas como pensabamos. Vimos numerosas demostracións de “transformismo político” en quen, para acadar un chisco de poder, pasou a defender hoxe o que atacaba onte e despois chegaron a corrupción, a desvergonza e a golfería. E cando, aos meus anos, coidaba estar curado de espantos, descubrín un Lluis Llach irrecoñecible como deputado da coalición de Pdecat y ERC. Aquel lírico arrebatado que en L´estaca, a máis coñecida das súas cancións, nos invitaba a turrar xuntos para arrincar a estaca da ditadura, apareceu no mes de marzo coa propia estaca na man, agresivo, desafiante, para declarar que o paso a un Estado catalán independente non será doado, pero “en canto teñamos a lei de transitoriedade xurídica, os funcionarios que traballan e viven en Catalunya estarán obrigados a cumprila; e os que non o fagan serán sancionados”. E engadía coa frialdade dun verdugo medieval: “Moitos sufrirán”.
Add a comment...
Wait while more posts are being loaded