Profile cover photo
Profile photo
Jose Antonio Martínez (facemoshistoria)
1 follower
1 follower
About
Posts

Post has attachment

Post has attachment
Sabes que Galiza non foi nin neutral nin allea na Primeira Guerra Mundial? Xa está aquí un novo episodio de FACEMOS HISTORIA.
http://www.spreaker.com/user/facemoshistoria/01-17-nin-allea-nin-neutral-a-primeira-g

Post has attachment
Hai que só se lembra das mulleres e da súa historia nalgunhas datas sinaladas, coma o recente 8 de marzo. A historia das mulleres segue, aínda, sumida entre a desmemoria ou o esquecemento.
E nos viaxamos á I Guerra Mundial da man de Sofía Casanova. Que non sabes que é? Pois acompáñanos nesta viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.

Post has attachment
Exploracións xeográficas, avances médicos, evanxelización, denuncia da trata de persoas. Todo isto nunha persoa: o escocés David Livingstone. Mais non se pode entender ao Dr. Livingstone sen nos achegar á colonización británica de África na segunda metade do s. XIX.
Viaxa con nós no tempo, Facemos historia

Post has shared content
No último terzo do s. XIX as principais potencias europeas van consolidar un proceso de expansión territorial que os leva á creación de grandes imperios coloniais. O mundo, directa ou indirectamente, fica baixo o control de Gran Bretaña, Francia, Holanda,…

Post has attachment
"Nos trópicos, ante todo, hai que manter a calma". Fagamos caso a Joseph Conrad, que escribiu isto na súa obra O corazón do Negror. Non nos trópicos, senón desde Galiza, con calmiña, retomamos neste 2017, Facemos historia, o podcast que nos achega dun xeito ameno e en pequenas doses á historia universal. E viaxamos até o último terzo do s. XIX, onde nos imos preguntar polas causas que están detrás da creación dos grandes imperios coloniais que xurdiron neste momento.

Post has attachment
Chegado o 2017, volve o noso podcast, e continúa a se facer preguntas sobre a historia.
Un paseo pola historia, en pequenas doses.

Post has attachment
Que ten en común unha obra de teatro antiescravita coa Declaración dos Dereitos da Muller e do Cidadá? Cando acabou a Revolución Francesa? Cando puideron votar as mulleres en Francia por primeira vez? Para estas e máis preguntas, Facemos historia.

Post has attachment
Sete persoas estaban enriba dun cadafalso. A multitude mantíñase á espera. Eran seis homes e unha muller, Olympe de Gouges. Acompañémola nesta viaxe aos tempos da Revolución Francesa.

Post has attachment
Aquela mañá ía máis frío do habitual no verán parisino. Era 14 de xullo. Nunca o prezo do pan estivera tan elevado no mercado. Viaxa a través do tempo e segue esta historia.
Wait while more posts are being loaded