Profile cover photo
Profile photo
Félix Álvarez
95 followers -
Viator man.
Viator man.

95 followers
About
Félix's posts

Post has attachment
O seu álbum de Panoramio está piques de desaparecer pero resulta que Rafa, louredés curioso, artista e ogallá pronto escritor sobre o noso pasado, ten unha manchea de fotos sobre Louredo en Flickr.

Inda que hai tempo que non vexo algo novo pode dicirse que é suficiente para facerse unha boa idea sobre o noso pobo, vamos, que este enlace é de obrigada visita!!
Photo

Post has attachment
Febreiro non só é tempo do Entroido, tamén o é do florecemento de plantiñas como o Romeu. Fixaivos a ver se tendes unha mata preto, a ver se florece, medra e arredende, antes de usalo nalgunha comida!!

Esta vai pa diante no Outeiro e se queredes unha ramiña teredes que pedirlla a meus pais.
Photo

Post has attachment
A referencia de Entroido máis cercana que temos é a de Cortegada, pobo onde se sitúa a Casa do Concello.

Aquí tendes o cartel deste ano, sito á entrada da praza do Cazapedo.
Photo

Post has attachment
Seica hai anos se colocaban dous mazarucos na praza do Cazapedo no alto duns paus, ou íase coller un piñeiro ó monte, chantábase lo lugar e logo colgábase o boneco de palla e roupa vella. Comentan meus pais que non faltaba algún veciño ó que ataban por alí, seguramente porque andaba a traballar nos días do Entroido. Festas grandes de xente que folgaba un pouco das tarefas do campo, comía e bebía, festezando esta paradiña antes da sufrida Coresma. Non faltaban os disfraces, feitos tantas veces de roupas vellas e caras pintadas.

Meu irmán recolleu algunhas testemuñas orais, ogallá as poña por escrito e poidamos complementar estas notiñas sobre o Entroido en Louredo. Agora xa non se vive así e Rafa dalle un toque de cor ó pobo cos seus detalles artísticos. Este ano, pondo esas ramas floridas de mimosa que se ven na foto e confeccionando tres mazarucos.
Photo

Post has attachment
Os Mazarucos en Louredo postos por Rafa, entusiasta e curioso da historia. Os mazarucos son bonecos de palla, vestidos con roupa vella. Rafa leva xa uns anos colocándoos na praza do Cazapedo e preguntando ós veciños como se vivía o Entroido no pobo que, polo escoitado, supoña unha festa grande, ata o punto que o martes de Entroido non se traballaba e se te collín nalgunha leira cos aparellos do campo atábante e levábante dalí.
Photo

Post has attachment
Estampa, xa ten uns anos, de san Benito do Rabiño, tamén chamado do Miño e da Arnoya. Moitos louredeses baixan ou na novena ou na festa.

A imaxe da fotografía é a do santo que vai en procesión, ca mitra e o báculo, con vestiduras negras das que solían colgar billetes, fotografías,...
Photo

Post has attachment
Dune
Nova e ansiada lectura, gracias á súa disponibilidade na Biblioteca Pública de Ourense. Libro de 1965, gañando, a continuación da súa publicación, os prestixiosos premios Nebula e Hugo. Anteriormente a ser libro foi unha serie de relatos entregados en diver...

Post has attachment
Nueva entrada en delouredo.blogspot.com
y
actualización de las 3 acerca de "Llegaré hasta ti" de @InMuneBand 
Photo

Post has attachment
Libros arcanos. O Necronomicón (Terceira parte)
Mira que non ten dado que falar a interpretación do título: Necronomicón. E non digamos a traducción, na que máis de un se perde buscando e rebuscando ata tal punto que desmenuza a verba ata descuartizala e atopar máis do que ten. O primeiro foi o autor, Lo...

Post has attachment
Historia de Ourense
Ás veces o máis cercano é do máis descoñecido, precisamente por esa cercanía, pola sensación de estar imbuído dun lugar e persoas que supomos máis ou menos intemporais. Pero os decesos, os cambios de rúas ou monumentos, o paso de governos e persoeiros fan q...
Wait while more posts are being loaded