Profile cover photo
Profile photo
Concello de Cervo
76 followers -
#undestinoparasentir
#undestinoparasentir

76 followers
About
Posts

Post has attachment

Post has attachment

Post has attachment
21/07/2017 .- Hoy un grupo de Madrid disfrutó del tramo de la Ruta Cantábrica que transcurre por nuestro ayuntamiento

21/07/2017 .- Hoxe un grupo de Madrid gozou do tramo da Ruta Cantábrica que transcorre polo noso concello #undestinoparasentir
PhotoPhotoPhotoPhoto
21/7/17
4 Photos - View album

Post has attachment
Retirada de la ballena aliblanca

Retirada da balea aliblanca
PhotoPhotoPhoto
20/7/17
3 Photos - View album

Post has attachment
En las labores de traslado de una ballena que aparece muerta en el dique sur de ALCOA 19/07/2017

Nos labores de traslado dunha balea que aparece morta no dique sur de ALCOA 19/07/2017 #gescervo
PhotoPhotoPhotoPhotoPhoto
20/7/17
5 Photos - View album

Post has attachment
A PRAIA DO TORNO DE SAN CIPRIÁN XA LOCE A SÚA BANDEIRA AZUL

* Tamén ondean dende o día 01 de xullo a bandeira Ecoplayas e a de Praia sen fume
* Dende ese mesmo día 6 socorristas velan pola seguridade neste areal

A bandeira azul ondea dende este mediodía na praia do Torno, en San Ciprián.

A insignia foi izada este mediodía nun acto no que participou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Manuela Méndez, o de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, e outros membros do equipo de Goberno.

Ademais, dende hoxe esta praia tamén loce a bandeira Ecoplayas por segundo ano consecutivo, sendo a única da provincia de Lugo e unha das seis de toda Galicia, que conta con este distintivo outorgado pola boa xestión ambiental; ademais da bandeira de praia sen fume.

Por outra banda, dende hoxe e durante dous meses e medio, seis socorristas velarán pola seguridade dos usuarios neste areal; “que financiaremos con fondos propios quince días de setembro”.

Ademais, o “Sendero Azul” do Torno tamén contará con esta insignia, por segundo ano consecutivo. Un carreiro natural cun percorrido de 2,36 quilómetros, que bordea o areal que leva o mesmo nome “e que é un reclamo de primeira orde tamén para o noso Concello”.

O rexedor sinalou que a bandeira azul, outorgada pola calidade das augas e os servizos que ofrece un areal, é unha boa nova para Cervo “o que nos conduce a pensar que as cousas se están a facer con criterio dende a área de medio ambiente, xa que cumprimos cuns requisitos loxicamente cada vez máis esixentes á hora de obter un distintivo que é un impulso e un incentivo máis para seguir a traballar baseándonos no compromiso coa contorna e promovendo tamén hábitos responsables para manter as nosas praias na mellor das condicións”.

O rexedor destacou, así mesmo, que un dos obxectivos deste equipo de Goberno é converter Cervo nun referente en materia ambiental, e o camiño que imos percorrendo cremos que pode ser o axeitado.

Sinalou que aínda que O Torno é a praia que ten bandeira azul, todos os areais do Concello contan cuns servizos axeitados a disposición dos usuarios, e cunha calidade óptima para o baño, en concreto as augas da Caosa, xunto co Torno, teñen unha calificación de excelente.

Ademais dos requisitos imprescindibles para obter a bandeira azul, pretendemos que os veciños e visitantes podar ter información de toda a nosa contorna natural, e para elo tamén temos instalados diversos paneis informativos, adaptados aos tempos “xa que a través dos códigos QR, as persoas interesadas poden acceder, por exemplo, a toda a documentación almacenada no propio blog do “Sendero Azul”, ou informarse tamén a través das diferentes plataformas dixitais que temos en funcionamento, como a propia páxina web do Concello (www.concellodecervo.com) e as distintas redes sociais.
Photo
Photo
5/7/17
2 Photos - View album

Wait while more posts are being loaded