Profile cover photo
Profile photo
Sonsoles Pita
About
Posts

Post has attachment
A pesar de non parecer unha viñeta que trate o medio ambiente, podese dicir que é o seu único acometido, xa que nos esta mostrando a crudeza coa que  o cambio climático está distanciando as estacións, provocando así a perda de cultivos, especies autóctonas, vexetación, o curso dos ríos e moitos outros problemas que agravan o estado do medio ambiente.
Photo
Add a comment...

Post has attachment
Este video retrata a situación da sociedade e do ser humano en forma de curtametraxe que reproduce de forma rápida as causas que levan á extinción de especies, a deforestación, a sobreexplotación dos recursos ou a contaminación ata niveis traumáticos que converten o ceo nunha espesa nube gris. Todo esto interpretado por un deseño de animación que pasa ao longo de moitas décadas exterminando e apodrecendo unhas ricas paisaxes. Esta curtametraxeta de avance rápido e sinxela explica o problema que hoxe en día sofre o mundo a causa de estar en mans do ser humano. Dende fai moito tempo o ser humano foi o problema ao que debemos poñer solución para non rematar por destruir o planeta e a pesar das miles de discusións e tratados que se intentan levar a cabo non se consegue concienciar aos habitantes, do problema real no que nos atopamos inmersos. O autor do relato pretende mostrarnos os diferentes problemas que sufre o medio ambiente a través do cambio climático, da destrucción dos polos, de buscar un posible capitalismo ante un tema que pertence á natureza. 
Add a comment...
Wait while more posts are being loaded