Profile cover photo
Profile photo
Meigas “Noite Meiga” Ribadavia
8 followers
8 followers
About
Posts

Post has attachment
Non pode faltar na Noite Meiga, o gran espectáculo das Lajartas, que actuarán na fachada do Castelo, as 00:45h.
Para maiores de 12 anos.
A iluminación corre a cargo de Isgal Eventos.
Photo
Add a comment...

Post has attachment
A Lenda das Bruxas, será un espectáculo único para a Noite Meiga, a cargo das compañias FIRE DRAGONS e ASACOCIRCO, na Praza Maior ás 21:30h.
Ide anotando todos os horarios e non vos perdades nada!!
#noitemeiga #noitemeigaribadavia #noitemeiga2017
Photo
Add a comment...

Post has attachment
O desfile é o que dá entrada á Noite Meiga, onde van os nosos nenos do Baile e onde animamos a toda a xente adulta a que se unan e participen xa nesta primeira actividade.
Sairemos da Fonte de Dous Caños e percorreremos as rúas ata chegar á Praza Maior, onde xa continuarán o resto de actividades.
Para poder participar só tedes que estar alí 10 minutos antes das 20h e que veñades disfrazados ou vestidos de negro.
Integradevos connosco na Noite Meiga!! Participade!!
Photo
Add a comment...

Post has attachment
Tamara Portela Fotografía será a encargada de levar a cabo o Photocall Meigo Infantil, venderá as imaxes a 5 € e Tamara doará todo o que recaude a unha das familias afectadas no incendio de Melón.
Así que xa sabedes, pasádevos polo Photocall Infantil!!
No Baile de Feiticeiros a partires das 17:30h.
Photo
Add a comment...

Post has attachment

Post has attachment
O día da Noite Meiga, ás 20h será a actuación do grupo de percusión Trópico de Grelos, animando as rúas dende a Praza Maior, Madalena e Barrio Xudeo.
Logo van facer un segundo pase ás 22:30 h pola rúa Progreso e Barrio Xudeo.
Un gran espectáculo que non vos podedes perder!!
Photo
Add a comment...

Post has attachment
Que é a Noite Meiga?
Realmente non poderiamos definila en palabras, cada ano é diferente, é máis emocionante, cada ano é máis grande, mais terrorífica, a verdade que só vivíndoa é como poderíades saber realmente o que é a Noite Meiga.
Así que xa sabedes o 28 de outubro a Ribadavia a vivir a Noite Meiga.

https://youtu.be/DOkwU-M-1AI
Add a comment...

Post has attachment
Un ano máis non pode faltar o noso Aquelarre, que realizan Donas sen Cabaleiros acompañados dos Tabaleiros da Istoria, en dous pases o primeiro na Praza Maior ás 21 h e o segundo ás 23:30 h na rúa Progreso. Non volo perdades!
Photo
Add a comment...

Post has attachment
Add a comment...

Post has attachment
Moitos estades a preguntar pola actividade estrela da Noite Meiga, así que vos deixamos toda a información:
A venda de entradas anticipadas comezará o día 20 e este ano venderanse en Lisanavia, na rúa Progreso Nº37, en horario comercial.
O día da festa venderanse na oficina da MIT na Praza Maior a partir das 19h.
Véndense un máximo de 4 entradas por persoa.
O espectáculo é para maiores de 12 anos.
Ten un aforamento limitado e as entradas teñen unha hora especifica que se debe cumprir.
Empeza ás 22h e termina á 1 h da madrugada.
Esta actividade é nos pasadizos do Castelo de Ribadavia, e a entrada é polo Xulgado que esta na Praza Maior.
O Pasaxe corre a cargo de Trécola Teatro e voluntarios do Ribeiro.
Photo
Add a comment...
Wait while more posts are being loaded