Profile cover photo
Profile photo
Cineclube Padre Feijoo
130 followers -
Traendo bo cinema en Ourense, desde 1970.
Traendo bo cinema en Ourense, desde 1970.

130 followers
About
Posts

Post has attachment
Added photos to Berberian Sound Studio.
Commenting is disabled for this post.

Post has attachment
Programación de novembro e decembro de 2017
Miradas etnográficas Semana da ciencia Filmoteca CGAI Ciclo Incertezas Cal será o noso futuro? Vivimos nun mundo cambiante e non só...polos avatares fronteirizos envoltos en bandeiras. Movémosnos ás escuras á deriva dun mercado global que impón as súas norm...

Post has attachment
Ciclo incertezas
Proxéctanse durante os meses de novembro e decembro no salón de actos da Casa de Cultura / Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes…   8 Nov . 2017 Mérc . « Sieranevada » Dirixido por Cristi Puiu ...

Post has attachment
Sesións de filmoteca de novembro-decembro de 2017
Dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante os seguintes luns de novembro e decembro; ás 20:30 e 23 h. (agás a única sesión do 11 de decembro) os seguintes filmes… Semana da ci...

Post has attachment
>Ciclo Incertezas (18, 20:30 e 23 h.)

Psiconautas, los niños olvidados
Psiconautas, os nenos esquencidos

Pedro Rivero e Alberto Vázquez Rico (España, 2015) 76 min.

Birdboy e Dinki son dous amigos que loitan por non enfrontarse á realidade na que viven. Como exploradores que son, albergan a esperanza de atopar un lugar mellor no que vivir, pois a illa onde viven xa non é o que era debido a un accidente industrial, e o aire que se respira é asfixiante... Adaptación cinematográfica animada da novela gráfica homónima de Alberto Vázquez.

Premios
2015: Festival de Xixón: Sección oficial de animación
2016: Premios Goya: Mellor película de animación
2016: Premios do Cine Europeo: Nomeada a mellor filme de animación europeo
2016: Festival de Annecy: Sección oficial a competición


"Sardónica, cruel, divertida, macabra e pese a todo con corazón, esta aventura bizarra non encaixa nos estándares da animación comercial. Pero merece o apoio crítico e o soporte dos fans para dar coa súa audiencia."

(Dennis Harvey, Variety)

Post has attachment
>Ciclo Incertezas (18, 20:30 e 23 h.)

A teströl és a lélekröl
En corpo e alma

Ildiko Enyedi (Hungria, 2017) 116 min. #VOSE

María comeza a traballar como supervisora nun matadeiro de Budapest, pero pronto comezan a xurdir cotilleos e rumores sobre ela. Durante o xantar opta sempre por sentarse soa, e é consciente dos seus deberes e obrigacións, cun estrito apego ás normas. O seu mundo componse de cifras e datos impresos na súa memoria desde a primeira infancia. Endre, o seu xefe, é un tipo tranquilo. Ambos empezarán a coñecerse lentamente. Almas xémeas, sorprenderanse de compartir os mesmos soños. Con cautela, tratarán de converter eses soños en realidade.

Premios
2017: Festival de Berlín: Oso de Ouro (Mellor película)


"A película demostra unha sensibilidade e unha elegancia alérgicas a calquera tentación de sentimentalismo"

(Sergi Sánchez, Fotogramas)

Post has attachment
>Filmoteca CGAI (20:30 h.) Atención 1 pase !!


Voyage à travers le cinéma français
As películas da miña vida

Bertrand Tavernier (Francia, 2016) 190 min. #VOSE

Documental que percorre a historia do cine francés desde os anos 30 ata principios dos 70.

Premios
2016: Premios César: Nomeada a Mellor documental


"Visionado obrigatorio para cinéfilos e francófilos por igual (...) Explora con mestría algunhas das glorias esquecidas do cine francés"

(Jordan Mintzer, The Hollywood Reporter)

Post has attachment
>Filmoteca CGAI (20:30 e 23 h.)


Berberian Sound Studio

Peter Strickland (Reino Unido, 2012) 92 min. #VOSE

Na década dos setenta, o Berberian Sound Studio foi o estudo de postproducción de son máis barato e sórdido de toda Italia; por el pasaron as películas máis perturbadoras. Gilderoy, un tímido enxeñeiro inglés experto en son, viaxa a Italia para encargarse de mesturar o último "giallo" de Santini, o gran mestre do cine de intriga, pero se súpeto, quedará atrapado nun mundo prohibido poboado por actores maniáticos, onde os caprichos artísticos e a burocracia máis absurda marcan o día a día.

Premios
2012: Festival de Locarno: Sección oficial
2012: Festival de Sitges: Sección oficial
2012: British Independent Filme Awards: Mellor director e mellor actor (Toby Jones)
2013: BAFICI: Mellor película


"Nesta época de cine de molde, a moral persoal e a visión estilística de Strickland merecen os maiores eloxios"

(Tom Huddleston, Time Out)

Post has attachment
>Ciclo Incertezas (18, 20:30 e 23 h.)

Rai
Paraíso

Andrei Konchalovsky (Rusia, 2016) 130 min. #VOSE

Segue os pasos de tres persoas cuxos camiños cruzanse nos terribles tempos da II Guerra Mundial. Olga é unha aristócrata rusa membro da Resistencia Francesa que é arrestada pola policía nazi por ocultar a dous nenos xudeus durante unha redada. Arrestada e enviada ao cárcere en espera dunha decisión final, en prisión coñece a Jules, un funcionario francés colaboracionista que debe investigar o seu caso. Alí tamén atopase con Helmut, un alto oficial das SS, que fai moitos anos fose o seu amante e que aínda parece manter sentimentos por ela.

Premios
2016: Festival de Venecia: Mellor director
2016: Festival de Xixón: Mellor actriz, fotografía e Premio do Xurado Novo
2016: Festival de Mar do Prata: Mellor guión - Astor de Prata


"Está ben interpretada, é interesante en todo momento polo que conta e como o fai, e aínda que non engade ningunha páxina extra á historia do cine sobre o holocausto (...) non é unha película a desestimar."

(Pablo González Taboada, Cinemanía)

Post has attachment
>Filmoteca CGAI (20:30 e 23 h.)

Fuocommare
Lume no mar

Gianfranco Rosi (Italia, 2016) 106 min. #VOSE

A illa de Lampedusa é o punto máis meridional de Italia, que desde 1990 converteuse nun lugar masivo de desembarco de inmigrantes ilegais procedentes de terras africanas. En pouco máis de 20 anos, máis de 20.000 persoas afogáronse durante a travesía para alcanzar o que para moitos supón vía de entrada a Europa, e que lles debería permitir escapar da guerra e a fame. Samuel vive na illa, ten 12 anos, vai á escola, gústalle tirar coa fonda e ir de caza. Gústanlle os xogos de terra, pese a que todo á súa ao redor fala do mar e dos homes, mulleres e nenos que intentan cruzalo para chegar alí.


Premios
2016: Premios Oscar: Nomeado a mellor documental
2016: Premios César: Nomeada a Mellor documental
2016: Festival de Berlín: Oso de Ouro - mellor película
2016: Premios do Cine Europeo: Mellor documental
2015: Premios David dei Donatello: 4 nom. incluíndo Mellor película e director



"Película cargada de fragmentos inesquecibles (...) Unha película problemática, pero asombrosa."

(Jordi Costa, El País)
Wait while more posts are being loaded