Profile cover photo
Profile photo
INPREGA S.Coop. Gallega
59 followers -
As oportunidades están nas persoas!
As oportunidades están nas persoas!

59 followers
About
Posts

Post has shared content
O CME da Coruña. Activo e dinámico!!!
Así fué nuestra II Jornada de Puertas Abiertas. El viernes día 12 celebramos el V Encuentro de Presentación de Proyectos. Te lo vas a perder?
Add a comment...

Post has attachment
Carlos Parada desenvolve o Obradoiro de Ferramentas 2.0 no Forumemprego 2015 da Universidade de Vigo

http://tv.uvigo.es/matterhorn/26023
Add a comment...

Post has attachment
Mayte Deus presenta o Obradoiro de Ferramentas 2.0 no Forumemprego 2015

http://tv.uvigo.es/matterhorn/26022
Add a comment...

Post has attachment
INPREGA presenta a Carlos Parada no Forumemprego 2015 da Universidadede Vigo

http://tv.uvigo.es/matterhorn/26046
Add a comment...

Post has attachment
Add a comment...

Post has attachment
Si non coñeces a Rede Eusumo quizá non saibas por onde vai a realidade da economía social galega. Bota unha ollada!!!
Add a comment...

Post has shared content

Post has attachment
A presidenta de INPREGA Mª Teresa Deus Trasobares estivo representando na feira de Madrid Zinc Shower 2015 xunto coas cooperativas máis creativas no panorama da economía social galega
PhotoPhotoPhotoPhotoPhoto
2015-05-10
8 Photos - View album
Add a comment...

Post has attachment
Unha vez máis na Universidade de Vigo INPREGA trata no Forumemprego 2015 a "Identidade dixital e posicionamento para a busca de emprego" nas sedes universitarias de Vigo, Ourense e Pontevedra
Add a comment...

Post has attachment
INPREGA no Meeting show da Economía Creativa e Colaborativa, ZINC SHOWER 2015.

NOTA DE PRENSA:
Santiago, 7 de maio de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e o Consello Galego de Cooperativas, vai estar presente unha vez máis no Meeting Show da Economía Creativa e Colaborativa, ZINC SHOWER 2015, que se celebrará os días 8 e 9 de maio, no Centro de Creación Contemporánea Matadero, en Madrid.

O Consello Galego de Cooperativas aproveita a súa presenza na feira para promover, apoiar e reforzar a acción cultural e os proxectos de empresas do ámbito cultural, social e creativo, ofrecéndolles unha oportunidade para amosar todo o seu potencial e propiciando novas oportunidades de comercialización e colaboracións empresariais.

ZINC SHOWER é neste momento a feira das industrias culturais e creativas máis innovadora do panorama estatal, unha cita de referencia na que estarán presentes as cooperativas REXENERANDO, INPREGA, 7H COOPERATIVA CULTURAL, XENEME PROXECTOS SOCIAIS, DEZDEDEZ e O CABLE INGLÉS;  presentando proxectos que teñen como punto de partida un plantexamento empresarial baseado na economía social. O sector da cultura como o da economía social teñen varios puntos en común. Ambos usan como base do seu funcionamento o fomento da creatividade das persoas, a continua comunicación que realizan co seu contexto social á hora de desenvolver as súas actividades e propostas, a aposta por modelos de organización cada vez máis horizontais, e o compromiso ético coa realidade social e a comunidade onde se inscriben. 

As cooperativas e sociedades laborais participantes xunto co Consello Galego de Cooperativas presentan en ZINC SHOWER o seguinte programa de actividades. O venres 8 de maio de 13:00 a 14:30 XENEME impartirá o obradoiro  Dinamizar – Empoderar – Dinami(t)ar: Como activar procesos colectivos, no que se abordarán as formas nas que comunidades e organizacións se enfrontan aos retos e como empregar eses procesos como disparadores do cambio e o emprendemento social.  O sábado 9 de maio, entre as 19 e as 20 horas, as empresas do stand de COGACO presentarán en formato pechakucha os seguintes proxectos: PRESENTACIÓN 7H COOPERATIVA CULTURAL de traballo asociado sen ánimo de lucro vinculada ao sector das industrias culturais, que nace co obxectivo de acoller a profesionais que desexen facer parte dunha comunidade activa e creativa. INPREGA presenta os seus obradoiros que teñen como obxectivo a mellora da empregabilidade das persoas que participan. O CABLE INGLÉS | Cooperativa Cultural presenta o seu proxecto social Tira do Cable, aberto á participación cidadá para recuperar testemuñas arredor dos británicos asentados en Vigo trala chegada da Eastern Telegraph Company. REXENERANDO presenta Sira e o Robot. Adventures on Titán, un espectáculo músico-teatral, para aproximarse ao inglés desde o galego, partindo da convivencia lingüística e contando tamén co chinés, o francés ou o alemán. Ademais, durante as dúas xornadas de forma intermitente, a cooperativa cultural 7H activará o seu PROTESTÓDROMO, no que calquera que pase polo stand terá á súa disposición un megáfono e unha peana á que subirse para protestar e deixar inmortalizada a súa reivindicación. 

O stand de COGACO en ZINC SHOWER permanecerá aberto o 8 e 9 de maio no Centro de Creación Contemporánea Matadero (Praza de Legazpi, 8 - Madrid), en horario de 11.00 a 20.00. Este ano a feira contará con máis de 200 poñentes nacionais e internacionais, 7.000 profesionais, 45 inversores, 85 startups e máis de 120 actividades relacionadas co emprendemento, a tecnoloxía, as tendencias, a creatividade, a innovación, a economía colaborativa e o crowfunding.
Photo
Add a comment...
Wait while more posts are being loaded