Profile cover photo
Profile photo
GCiencia
95 followers -
Ciencia Galega
Ciencia Galega

95 followers
About
Posts

Post has attachment
Un novo impulso no estudo do alzhéimer chega desde a Universidade de Santiago de Compostela. Unha investigación da guitiricense Sonia Freire Rodríguez permite avanzar na análise das causas da aparición de lesións existentes en pacientes con esta enfermidade.
Add a comment...

Post has attachment
Dunha primeira ollada poderiamos pensar que esta é a nosa Lúa, pero trátase de Dione, satélite de Saturno. A imaxe foi tomada pola sonda espacial automática Cassini e nela vemos, ao fondo, o propio Saturno e os seus aneis, esas delgadas liñas que percorren diagonalmente ao través da imaxe. Máis detalles, na nosa sección APOD Galego da NASA.
Add a comment...

Post has attachment
Empresas de Estados Unidos, Israel, Alemaña, Italia ou Suíza, ademais de moitas galegas e do resto de España, amosaron xa o seu interese formal no polo industrial e tecnolóxico de avións non tripulados que se vai desenvolver en Galicia. Os drones están de moda e Galicia quere estar na vangarda...
Add a comment...

Post has attachment
Estas zapatillas deportivas son especiais: foron presentadas na sede das Nacións Unidas e están feitas de fíos e filamentos elaborados con residuos de plástico e redes de pesca ilegais recollidos nos océanos. Máis detalles, na nosa sección Tolociencia...
Add a comment...

Post has attachment
Un total de 17 ideas galegas compiten en concurso europeo de navegación por satélite ESNC 2015 Galician Community Challenge. O Consorcio Zona Franca de Vigo premiará a mellor de Galicia, que pasará a medirse en Alemaña coas iniciativas doutras 24 rexións europeas.
Add a comment...

Post has attachment
Ata agora, pensábase que os indicadores verbais as palabras e o son xeral da linguaxe que escoitan eran o único que axudaba a 'activar' o idioma que debían empregar os bilingües en cada situación. Non é así...
Add a comment...

Post has attachment
Investigadores galegos crean un novo tratamento contra o cancro de mama máis efectivo e menos dañino que o tradicional.
Add a comment...

Post has attachment
Desde o interior dunha cova mariña no parque estatal Leo Carrillo, preto de Malibú, vemos a franxa central da nosa galaxia Vía Láctea que está a pasar por diante. Unha beleza de fotografía da que explicamos todos os detalles no APOD Galego da NASA.
Add a comment...

Post has attachment
Estas zapatillas deportivas son especiais: foron presentadas na sede das Nacións Unidas e están feitas de fíos e filamentos elaborados con residuos de plástico e redes de pesca ilegais recollidos nos océanos. Máis detalles, na nosa sección Tolociencia...
Add a comment...

Post has attachment
O que vos traemos hoxe na nosa sección Videonautas é este fermosísimo e espectacular vídeo realizado polo fotógrafo e blogueiro ruso Dmitry Pisanko, que nos amosa como ven a Terra os astronautas da Estación Espacial Internacional. A música é do compositor italiano Ludovico Einaudi. Unha marabilla...
Add a comment...
Wait while more posts are being loaded