Profile cover photo
Profile photo
Galicia Calidade
426 followers -
Lo mejor de Galicia, certificado. / O mellor de Galicia, certificado.
Lo mejor de Galicia, certificado. / O mellor de Galicia, certificado.

426 followers
About
Posts

Post has attachment
Falta moi pouco para que teña lugar en Hawai o mundial de ironman onde Ivan Raña lucirá o noso distintivo na súa camiseta. Aquí vos deixamos unha entrevista feita por La Voz de Galicia este fin de semana falando da proba e doutro gran atleta, como é Javier Gomez Noya, que tamén estará en Hawai.

Add a comment...

Post has attachment
O estudo elaborado por Kantar Media sobre marcas de gran consumo danos unha gran nova para Galicia Calidade, como é o feito de que a primeira marca preferida polos galegos a nivel global é Leite Larsa. Unha empresa galega e certifica polo noso selo de garantía. Cóntannolo dende Extradixital. Aquí vos deixamos o enlace.

http://www.extradigital.es/larsa-es-la-marca-preferida-por-los-hogares-gallegos/
Add a comment...

Post has attachment
A empresa certificada por Galicia Calidade, Kiwi Atlántico, logra alcanzar as 4600 toneladas vendidas ao xigante da distribución alimentaria Mercadona. Produtos galegos que se comercializan en toda España, grazas ao traballo desta empresa pontevedresa. Moitos parabéns a Jose Carlos Vila e ao seu equipo polo traballo para consolidarse como un referente mundial na venda de kiwi.

http://www.abc.es/espana/comunidad-valenciana/abci-origen-kiwi-espanol-arrasa-mercadona-201806051051_noticia.html
Add a comment...

Post has attachment
Un ano máis estaremos presentes no Festival de Cans, apoiando un dos eventos culturais e de creación audiovisual máis importantes de Galicia. Nesta edición repetiremos a colaboración cos nosos "artistas particulares". Por un lado, Oscar De Toro Santos será o encargado de preparar un "almorzo galicia calidade" na eira de Alicia, acompañando as tertulias dos grandes Fernando Trueba e Gracia Querejeta Marín. E por outra banda, o chef Francisco Kike Piñeiro de A Horta Do Obradoiro será o encargado de facer unha degustación de produtos para os convidados. Todo isto terá lugar o vindeiro 26 de maio, no Festival de Cans 2018.

Tedes o programa completo no seguinte enlace.
http://www.festivaldecans.gal/wp-content/uploads/2018/05/Dossier-Cans-2018_web.pdf
Add a comment...

Onte comezaban as xornadas "Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo" nos que temos a honra de colaborar, nesta primeira edición. Aquí vos deixamos un vídeo elaborado por El Correo Gallego onde podemos ver en acción a Oscar De Toro Santos elaborando un "almorzo galicia calidade" a base de produtos certificados de Cabreiroá Mundo HR Chousa Ingapan Feiraco Leche Únicla e melindres da Tahona de Melide.

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/pocillos-tertulias-fundacion-torrente-ballester/idEdicion-2018-05-03/idNoticia-1113483/
Add a comment...

Post has attachment
Do 25 de maio ao 3 de xuño terá lugar en Madrid, no Palacio de Santa Bárbara, unha nova edición de Tienda Pop Up Galicia. Saberes y Sabores, onde estaremos presentes con varias empresas certificadas (Terras da Mariña, S. Coop. Galega e Jamones González) e cos talleres de produtos certificados a cargo de Iñaki Bretal e Juan Manuel Crujeiras Lista, dos restaurantes O Eirado e Bido restaurante, respectivamente. Tamén contaremos cunha cata de viños a cargo da enóloga Cristina Murga. Así que ide reservando na axenda, agardámosvos!!
Galicia Calidade
Galicia Calidade
galiciacalidade.gal
Add a comment...

Post has attachment
Como vos adiantamos ao longo de hoxe, asinamos un convenio de colaboración con Acluxega para incorporar as empresas instaladoras de enerxía dentro do selo Galicia Calidade, grazas aos controis elaborados por EnergyLab Centro Tecnológico. O Consellerio de Economía, Emprego e Industria foi o encargado de poñer a sinatura neste acordo nun acto celebrado hoxe en Santiago. Máis información no enlace. Galicia Crece
Galicia Calidade
Galicia Calidade
galiciacalidade.gal
Add a comment...

Post has attachment
O xornalista Roberto Ledo de Grupo ES. www.grupoescomunicaciongalicia.com pasouse por Ourense para coñecer máis polo miúdo unha das últimas incorporacións a Galicia Calidade, La Central Heladera. E como ben di Marcos Álvarez na reportaxe, por que un xeado ten que ser menos sano que un iogurt? No enlace tedes vídeos tamén de como se elaboran os xeados no seu obradoiro de Ourense.
Add a comment...

Post has attachment
Xa vos contamos o outro día que Aguas de Mondariz celebrou o seu 145 aniversario deseñando unha botella en colaboración con Sargadelos e premiando a Susana Seivane, Galloso, Victor F. Freixanes e José Carro como Personalidades Aguas de Mondariz. Pois aquí vos deixamos toda a información do evento.
Galicia Calidade
Galicia Calidade
galiciacalidade.gal
Add a comment...

Post has attachment
Xa faláramos dalgúns dos premios recolleitados polas adegas certificadas nos premios Bacchus 2018. Pero grazas aos amigos de La Alacena Roja del comer, beber y viajar aquí vos deixamos un listado con todos os premiados. Dar os parabéns a HGA Bodegas e ALBERTE polos seus ouros para Pazo Villarei e Val de Nairoa, respectivamente. E tamén para as adegas que acadaron un meritorio Bacchus de prata como Bodegas Gargaloo polo seu Gargalo Treixadura, HGA Bodegas por Tollodouro, PACO & LOLA polo seu Paco & Lola, Bodegas Valtea polo seu Valtea e Bodegas Regina Viarum polo seu Regina Expresión.

La Alacena Roja
La Alacena Roja
laalacenaroja.com
Add a comment...
Wait while more posts are being loaded